Institucións Penitenciarias recoñece publicamente a funcionarios da Lama que salvaron un interno
Por Redacción
Funcionarios da prisión da Lama salvaron a vida dun interno que tratou de suicidarse no módulo de Enfermería no que estaba ingresado, un feito que foi recoñecido publicamente por Institucións Penitenciarias.
O suceso rexistrouse onte sobre as catro e media da tarde, segundo informaron os sindicatos ACAIP-UXT, CCOO, CSI-CSIF, CIG e ATP nun comunicado conxunto.
Ao abrir as celas, un funcionario atopou a un dos presos inconsciente. Tras pedir axuda e realizarlle as manobras de reanimación, o interno recuperou a consciencia e foi atendido polos servizos médicos do penal.
A "rápida actuación" destes funcionarios, destacan os sindicatos, permitiu evitar unha "desgraza irreparable" e que o recluso se atope actualmente fóra de perigo.
Desde Institucións Penitenciarias, a través da súa conta en Twitter, agradeceron o labor dos funcionarios da Lama, lembrando que ademais de reinserir "é noso deber protexer a saúde e a integridade física das persoas que custodiamos".
El agradecimiento de la SGIP a los funcionarios de A Lama que esta tarde han conseguido salvar la vida a un interno del centro.
— Instituciones Penitenciarias (@IIPPGob) December 9, 2020
Además de reinsertar, es nuestro deber proteger la salud y la integridad física de las personas que custodiamos. pic.twitter.com/kQyQOJ9rcP
Os sindicatos destacan que "é a primeira vez en 22 anos" que Institucións Penitenciarias recoñecen publicamente o traballo do persoal do penal pontevedrés, no que lembran hai 73 vacantes, a maior parte na área de vixilancia interior.
Relacionadas:
-
Varios funcionarios da Lama, feridos nun altercado cun interno
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Catro traballadores, os primeiros positivos por covid-19 no persoal da Lama desde o inicio da pandemia
Por Natalia Puga |
-
Sindicatos da Lama piden que se suspendan os 'vis a vis' dos internos polos riscos da pandemia
Por Redacción |
-
O cárcere da Lama celebra a súa patroa sen actos institucionais e coa satisfacción de levar seis meses esquivando ao coronavirus
Por Natalia Puga |