Ence achega ao rural de Galicia máis que as dúas liñas de fondos da PAC
Os fondos da PAC son fundamentais en Europa para garantir unha agricultura e gandería sostibles e cunha especial incidencia na contorna rural. En Galicia son fundamentais Pero na nosa Comunidade non soamente actúan os fondos europeos como dinamizador rural e garantía de futuro. A actividade forestal é un dos motores da economía rural galega, algo facilmente entendible se se ten en conta que actualmente en Galicia se produce máis da metade da madeira de toda España. O exemplo máis relevante diso é a empresa Ence en Galicia, a cal a través da súa biofábrica de Pontevedra compra madeira entre os propietarios forestais galegos, onde a propiedade forestal está fortemente socializada, entre miles de propietarios e comunidades de montes. Así, as rendas que xera a compra de madeira do grupo ENCE, chegan a 450.000 propietarios particulares e 150.000 comuneiros de Galicia.
Este ano 2020 pecharase cunhas cifras de achega directa ás rendas de familias e Comunidades de Montes de Galicia por parte de Ence na contorna dos 190 millóns de euros, principalmente como consecuencia da compra de madeira no sector forestal, ao que habería que sumar os propios investimentos realizados en plantacións, mantemento e limpezas forestais nos terreos que aínda sendo da súa propiedade empregan un gran número de pequenas empresas e traballadores de Galicia.
Ademais ao incorporar Ence un criterio de compra de proximidade, as compras locais de produtos e servizos na contorna da súa planta de celulosa, inciden novamente en multitude de pequenas empresas provedoras e de servizos que reforzan o tecido empresarial de PEMES e autónomos. Se sumásemos estes investimentos a cifra aumentaría de forma moi notable.
A actividade de Ence reporta ao mundo rural galego 190 millóns de euros en 2020, cantidade superior aos 177,7 millóns do FEAGA ou os 158 millóns do FEADER
Se detallamos as dúas grandes liñas de achega dos Fondos da PAC en Galicia en 2019, que son os pagos directos do FEAGA ou Fondo do Primeiro Pilar da PAC a agricultores e gandeiros, e os Fondos FEADER do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) do Segundo Pilar da PAC, podemos ver que por se soa a achega de Ence é superior a estas dúas liñas. Así, fronte aos 190 millóns de euros de achega de Ence ao mundo rural en Galicia, o FEAGA xestionou 177,7 millóns de euros e o FEADER 158 millóns de euros. Nunha comparativa entre o montante directo de pagos de Ence a familias, Comunidades de Montes, autónomos e PEMES do rural galego e os pagos destas liñas de axudas da PAC, Ence como principal actor do sector forestal galego situaríase á cabeza, seguiríalle o FEAGA e finalmente o FEADER.
Os Fondos da PAC constitúen nada menos que o 40% de todo o orzamento da Unión Europea. Sen eses fondos que perciben os agricultores e gandeiros, a cesta da compra dos cidadáns da Unión duplicaría o seu custo.
En Galicia os fondos da PAC forman unha parte moi importante da renda das explotacións en sectores como o lácteo ou a gandería de montaña, á vez que son fundamentais para subvencionar a instalación de novos agricultores e gandeiros, a modernización das instalacións das explotacións, o pago de medidas de adaptación e mitigación do cambio climático, e a xestión forestal sostible do monte galego, así como a prevención de incendios forestais.
Ademais estes fondos de Ence con repercusión directa no rural, ao centrarse na actividade forestal, e dado o mencionado nivel de socialización da propiedade forestal galega, permiten chegar a familias e empresas do rural aos que non chegan os fondos da PAC por non estar na actividade agrogandeira, á vez que reforzan as rendas de agricultores e gandeiros e igualmente propietarios forestais ou comuneiros en Comunidades de Montes. O que contribúe de forma decisiva a unha sinerxia para manter un rural vivo e en actividade e fomenta a cohesión económica e social.
"Estamos a atravesar tempos moi complicados nos que hai que sumar rendas aos propietarios, postos de traballo no rural e cotizacións á seguridade social para que as familias poidan seguir tirando para adiante, e iso non é posible sen un sector industrial forte que engada valor ás producións do monte. Cuestionar na situación actual a actividade da principal empresa do sector forestal galego está fóra de sitio. O que toca agora é centrarnos en seguir traballando para sacar adiante familias, empresas e emprego. Ence ten un lugar destacado no noso sector como empresa vinculada a Galicia, é un elo fundamental na cadea de valor do sector forestal galego, e pensamos que ten que seguir séndoo no inmediato futuro" afirma Jacobo Feijoo, Secretario Xeral da Asociación Forestal de Galicia.
Relacionadas:
-
A recuperación do rural a través de tres experiencias vinculadas ao sector forestal
Por Noticia patrocinada |
-
Ence reforza a análise do terreo na súa biofábrica de Pontevedra ante o desmantelamento de Elnosa
Por Noticia patrocinada |
-
Grupo Spartana e Ence colaboran para protexer os niños de aves rapaces durante as tarefas forestais
Por Noticia patrocinada |
-
A importancia da celulosa para superar a crise económica
Por Noticia patrocinada |
-
Ence, referente do seu sector en desempeño ambiental nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, segundo a avaliación de WWF
Por Noticia patrocinada |
-
O modelo Ence: sustentabilidade como prioridade estratéxica e contribución á Economía Circular
Por Noticia patrocinada |