Primeiros contratempos físicos no 'Equipo rescate hostalería' no seu camiño cara a Madrid
Por Redacción
Os problemas físicos comezaron a pasar factura aos hostaleiros pontevedreses que protagonizan unha marcha a pé de protesta ata a capital de España.
A segunda xornada de ruta, con máis de 40 quilómetros entre San Xurxo de Sacos e O Carballiño completados entre as 7.00 da mañá e as 18.00 horas da tarde do martes, supuxo un gran esforzo físico, traducido na aparición das primeiras bochas nos pés dos camiñantes, así como as primeiras contracturas musculares.
"Durísima la etapa, segundo día y como quien dice adaptándonos. Necesitamos que 5 o 10 minutos nos trate un fisio de recuperación", contaba Juanjo, un dos integrantes do 'Equipo rescate hostalería" antes de finalizar a etapa.
Ante esta situación o equipo de loxística de HOEMPO fixo un chamamento de axuda ao colectivo de fisioterapia, ao que respondeu de maneira altruísta o Centro de Fisioterapia Fisio Dacal do Carballiño. A Asociación de Hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín fai extensible esta chamada de colaboración a fisioterapeutas próximos aos finais de cada etapa, co fin de colaborar cos hostaleiros no seu desafío.
Xa no Carballiño o equipo foi recibido pola corporación municipal, entre quen se atopaba o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal. Tras este encontro puideron gozar dunha cea con sabor ourensán grazas á amabilidade e de Paco e Eli, propietarios das Pulperías "A Feira" en Ourense e Asturias, que lles abriron as portas da súa casa antes de descansar no Hotel Xardín.
Segundo anuncia HOEMPO, durante a terceira xornada este mércores 9 de decembro, que lles levará ata Allariz, os hostaleiros irán sumando apoios no camiño. Por exemplo uniranse á marcha na N-525 os 'Amigos da Cociña Galega', para acompañar aos protagonistas da protesta ata o Concello de Ourense, onde serán recibidos polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome.
Relacionadas:
-
Os hostaleiros seguen recollendo apoios na súa peregrinación ata o Congreso dos Deputados
Por Oskar Viéitez |
-
O 'equipo rescate hostalería' avanza no seu roteiro con recepcións de apoio e colaboracións do sector
Por Redacción |
-
Pérez Jácome, alcalde de Ourense, recibe o 'Equipo Rescate Hostelería' na súa andaina a Madrid
Por Redacción |
-
'Operación Rescate Hostelería' completa a súa primeira etapa e obtén a solidariedade do alcalde de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Empeza a operación 'Rescate hostalería': rumbo a Madrid tras recibir o apoio de PSOE e PP a nivel local
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Once hostaleiros peregrinan a Madrid para chamar a atención sobre a "ruína" do sector: "estamos hasta las pelotas"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |