A impotencia dunha nai tras case tres meses sen poder ver o seu fillo de seis anos: "mi ex marido no me deja ni comunicarme con él"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Lorena (nome ficticio) chega nerviosa e empeza a sacar documentación do bolso. Correos electrónicos, sentenzas, informes e unha infinidade de denuncias cobren por completo a mesa na que realiza esta entrevista. Cada afirmación acompáñaa dun destes documentos, nos que ten resumida a súa vida o últimos tres anos e medio. Desde que en maio de 2017 decidiu denunciar ao seu agora ex marido acumulou desgustos e denuncias, aínda que nada a preparara para a súa situación actual: "estoy incomunicada con mi hijo".
"Mi ex marido no me deja ni comunicarme con él", engade. Lorena non quere dar nomes para garantir a protección da identidade do seu fillo, de tan só seis anos e ao que non ve desde fai case tres meses, desde que o 28 de setembro o seu ex marido levouno dos xulgados de Tudela, en Navarra, e ela regresou a Pontevedra coas bágoas nos ollos A impotencia que sente levouna a facer público o seu caso e nas últimas semanas a presentar varias denuncias ante a Policía Foral de Navarra e o Xulgado de Garda de Tudela, todas sin éxito.
No seu relato en PontevedraViva, Lorena fala desde a desesperación e a impotencia, que vai crecendo co paso das semanas. Tamén se nota no talante das denuncias presentadas. Nas últimas fixo constar "que no puede seguir así, que es un maltrato psicológico que no puede soportar, que necesita ver a su hijo y poder contactar con él".
Lorena está convencida de que o seu ex marido non lle deixa ver ao seu fillo"por venganza, ya que le interpuso una denuncia por presunta agresión sexual a su hijo" e tamén está segura de que "él sabe que a ella le produce mucho desasosiego no saber nada de su hijo, que es muy pequeño y no puede conectarse con ella por él mismo, que necesita de su padre o de un adulto".
A súa situación é agora moi delicada. A nivel xudicial, está sinalada unha vista para a modificación das medidas acordadas na sentenza de divorcio e ela presentou unha demanda para execución de sentenza aínda sen resultado.
Detrás de todo este atraso en obrigar ao pai para entregarlle ao neno e na forma na que transcorreu todo este proceso nos xulgados observa "trato discriminatorio" cara a ela "frente al trato de favor" cara ao seu ex marido. Así, sostén que o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Tudela "está velando por los derechos del denunciado y no del menor, como debería de ser" e, ademais, está a "vulnerarse" o seu Dereito Fundamental á Tutela Xudicial.
Tudela é o epicentro da súa vida a pesar de que en 2017, tras deixar ao seu ex marido, vive en Galicia. Viuse obrigada a deixar Navarra por medo e logrou "empezar de cero" e refacer a súa vida. Aprobou as oposicións de educación que hoxe lle garanten unha estabilidade laboral como funcionaria de carreira e fixou a súa residencia en Pontevedra xunto á súa outra filla, maior que o pequeno que tivo que deixar en Tudela e froito dunha relación anterior.
Tras a separación, o neno quedou co pai porque foi ela a que decidiu irse. Fíxoo, segundo relata, despois de que os servizos médicos presentasen varias denuncias de oficio por violencia de xénero porque ela acabou en Urxencias tras agresións do seu ex marido. "Había palizas" e mesmo un día a súa filla maior chamou ao 112 para pedir axuda, pero ela non denunciou ata 2017. Tanto as denuncias de oficio como a súa propia acabaron arquivadas, de modo que "yo me tengo que marchar", explica lembrando aqueles días, e deixou ao seu fillo co seu marido por recomendación da súa avogada.
Desde entón non pararon os problemas. No primeiro Nadal separados, 2017-2018, os seus avogados pactaran que o 22 de decembro ela recollería ao seu fillo para pasar xuntos as festas, pero non llo entregou. O 7 de febreiro de 2018 o Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1de Tudela ditou un auto con medidas provisionais sobre a custodia e as visitas do neno que logo confirmou ese xulgado nunha sentenza do 15 de novembro e o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra este ano.
Lorena sementa dúbidas sobre este procedemento porque detectou irregularidades cunha serie de informes nos que o Defensor do Pobo de Navarra acabou dándolle a razón -a dirección da gardería do seu fillo emitiu un informe só contando coa versión do pai, sen darlle a ela opción de falar-. Eses informes saíron á luz na vista preliminar do caso, pero xa no xuízo de novembro de 2018 omitíronse e agora ela denuncia que desapareceron do expediente oficial do caso.
Tamén critica que a pesar de que ela formaba parte do programa Viogen de Navarra e agora está recoñecida como vítima de violencia de xénero no CIM de Pontevedra, xéranlle a "indefensión" de ter que recoller ao neno no domicilio paterno. O pai non ten, iso si, ningunha condena, senón que todas as denuncias por violencia de xénero foron arquivadas.
Aínda así, acata as decisións xudiciais, que lle atribúen ao pai a garda e custodia do menor. A patria potestade é compartida e establécese un réxime de visitas á nai de fins de semana alternas nos que ela ten que desprazarse sempre a Tudela e, logo, dálle todas as pontes escolares, nos que si pode trasladar ao neno a Pontevedra. As vacacións de Nadal, Semana Santa e verán divídenas a partes iguais entre os dous pais e, en caso de discrepancia, o pai elixe os anos pares e a nai os impares.
A sentenza é firme no Tribunal Superior de Justicia de Navarra desde o 10 de febreiro de 2020, pero ela non para de denunciar incumprimentos. No último escrito remitido ao xulgado para pedir a execución da sentenza relataba un total de 15, que foron subindo nas últimas semanas, pois cada dúas fins de semana e todas as pontes escolares foi a Tudela e non lle deixaron ver ao pequeno.
O primeiro incumprimento foi aquel do nadal de 2017, en 2018 houbo outro, dous en 2019 e en 2020 non pararon. Por exemplo, do 14 de marzo ao 12 de xuño de 2020 o seu ex marido impediulle toda comunicación por videochamada co neno, de modo que durante o estado de alarma non puido nin verlle a cara.
Si logrou que pasase con ela as vacacións de verán e recolleuno o 1 agosto. Aí empezou unha situación que Lorena nunca pensou vivir e que a levou a denunciar ao seu ex marido por un presunto delito de agresión sexual a un menor no ámbito familiar. A pesar de que a principios de setembro debía entregar ao neno ao seu pai, non o fixo porque estaba en marcha esa investigación e todos os especialistas aos que consultou dixéronlle que "un menor de edad no se puede entregar a las personas denunciadas hasta que se esclarezcan los hechos".
Esa investigación segue en marcha, hai abertas unhas dilixencias previas ao pai custodio do menor e a outra persoa da suá contorna, pero, aínda así, o 28 de setembro, o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Tudela obrigoulle a entregar ao seu fillo ao pai.
Ademais de estar "incomunicada con mi hijo", ha presentando denuncias por ameazas contra o pai, por inxurias contra a avoa e por incumprir o réxime de visitas. A primeira foi o 7 de outubro ante a Policía Foral en Tudela. Ela acudiu puntualmente cada fin de semana e ponte festiva tras comunicarllo ao pai por correo electrónico e, á súa chegada, nin lle contesta ao teléfono nin responde no timbre da casa. En todas esas visitas, denunciou e pediu que a policía a acompañase á casa e relata que nalgunha ocasión os axentes si lograron falar co pai e manifestoulles que "se negaba a entregar al niño".
Ademais, apenas pode falar co neno por teléfono. E o pai as poucas veces que lle responde, segundo consta nas denuncias presentadas, chegou a "amenazarla con que no va a volver a ver a su hijo y de no dejárselo ver". Ela achega audios desas ameazas e berros que lle deu diante do neno.