Marín remata a instalación de luminarias con eficiencia enerxética en Concepción Arenal
Por Redacción
O Concello de Marín informa de que este luns remataba a instalación da nova iluminación adaptada aos estándares de aforro enerxético na rúa Concepción Arenal.
As novas luminarias de eficiencia enerxética colocáronse no treito comprendido entre a rúa Estrada e República Arxentina, cun orzamento total de 11.404,50 euros.
Esta mellora da iluminación é un avance no plan do Goberno local de renovación do alumeado público nos distintos puntos da vila, de tal xeito que estas instalacións cumpran cos estándares medioambientais precisos para facer de Marín unha vila máis sostible.
Fontes municipais destacan que "a rúa Concepción Arenal, ademais, deu un importante cambio a nivel urbanístico no tramo que vai desde as Anclas ata o límite con Pontevedra, onde se practicou unha humanización integral que mellorou os servizos de abastecemento e que permitiu anchear beirarrúas e mellorar o tráfico rodado".
Relacionadas:
-
Máis puntos de luz e renovación total da iluminación no lugar de Castro
Por Redacción |
-
A conselleira de Medio Ambiente e Territorio supervisa en Marín as obras da rúa Estrada
Por Redacción |
-
Marín reforza os puntos de luz da estrada Vilaseca-O Pazo
Por Redacción |
-
O Concello de Marín convoca unha recollida solidaria de alimentos entre os centros educativos do municipio
Por Redacción |
-
A Praza de Abastos de Marín estrea iluminación eficiente
Por Redacción |
-
A Xunta supervisa obras de rehabilitación enerxética e modernización en dous centros educativos de Marín
Por Redacción |
-
Nova iluminación e o dobre de puntos de luz para mellorar a visibilidade e seguridade viaria en A Brea e Ameal
Por Redacción |