A Praza de Abastos de Marín estrea iluminación eficiente
Por Redacción
Novo paso cara á eficiencia enerxética no Concello de Marín, cunha actuación nun das instalacións municipais de maior uso dos veciños, a Praza de Abastos.
O goberno local acaba de finalizar a implantación dunha nova iluminación.
Trátase de luces de tecnoloxía LED que substitúen ao anterior sistema por un renovado que cumpre os estándares de aforro enerxético.
Esta remodelación estréase nun momento no que as restricións sanitarias imperan no mercado, cun aforo reducido dun máximo de 125 persoas.
De feito, segundo sinala o Concello, durante estas xornadas está a procederse a controlar o aforo deste espazo público para evitar que se produzan aglomeracións.