Pontevedra encabeza o descenso de casos activos de Covid na comarca
Por Redacción
Os municipios da comarca, en especial o que se atopan nun maior nivel de restricións, foron informando ao longo do sábado da situación actualizada de casos de Covid nos seus respectivos territorios, detallando así os datos do conxunto da área sanitaria avanzados polo Servizo Galego de Saúde e que colocan en 1.025 os casos activos, 40 menos que a xornada anterior, con 51 pacientes hospitalizados.
Pontevedra lidera ese descenso de casos con 271 infeccións activas na capital provincial. Isto é, 25 menos con respecto o venres.
Ademais Poio reduciu en 6 as persoas afectadas no municipio, para un total de 56.
No que respecta a Sanxenxo o descenso é de 3 casos, deixando o global en 69 persoas contaxiadas.
Pola súa banda noutros concellos en zona de restrición elevada, como Marín e Vilagarcía de Arousa, non se produciron variacións nas últimas horas. Así na localidade arousá mantéñense 85 casos activos e en Marín, 63, os mesmos que na xornada anterior.