Sanxenxo márcase como obxectivo para 2021 potenciar as súas rutas de sendeirismo

Por Redacción
Habilitar novas rutas de sendeirismo e potenciar as xa existentes son dous dos obxectivos do plan que se marca Turismo de Sanxenxo para o ano 2021.
Trátase dun recurso natural polo que o goberno local quere apostar para tentar atraer a visitantes na tempada baixa, ademais de para reforzar a oferta lúdica durante todo o ano.
A iniciativa, bautizada como 'Sanxenxo ao teu aire' permitirá habilitar novas rutas de sendeirismo entre as sete parroquias do municipio, avanza o Concello.
Estarán adaptadas a todo tipo de público tomando como senda principal a do Pai Sarmiento. Ademais quérense potenciar as rutas de Aldariz, Lagoa de Rouxique, Con da Romaíña ou a Rita do Cantís- Miradoiro de Noalla, xunto á que pronto se habilitará no río Dorrón.
Pola súa banda no litoral Sanxenxo conta con seis sendeiros azuis que suman 25 quilómetros: Sendeiro Máxico da Lanzada, Sendeiro Major – Montalvo, Sendeiro Montalvo – Paxariñas, Sendeiro Canelas - Punta Cabicastro, Sendeiro Sanxenxo – Portonovo e Sendeiro Areas - Punta Festiñanzo.
O plan contempla a creación dunha guía coa identificación dos recursos turísticos máis destacados, pero tamén os servizos de aloxamento, hostalería e eventos dispoñibles, prestando especial atención ao turismo familiar e accesible. Ademais como aspecto rechamante prevese a posta en marcha dunha aplicación para dar a coñecer as zonas máis emblemáticas de Sanxenxo utilizando un formato baseado no xogo Pokemon Go no que o senderista convértese no personaxe do xogo con reto e probas que deberá superar para gañar premios vinculados á oferta hostaleira local.
Esta campaña enmárcase dentro do convenio asinado coa Axencia Galega de Turismo tras a declaración de Sanxenxo como Territorio de Preferente Actuación Turística, distintivo logrado polo municipio o pasado mes de setembro.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de construción da senda fluvial de Dorrón
Por Redacción |
-
Os traballos na senda peonil de Dorrón comezarán este ano
Por Redacción |
-
Sanxenxo repoboará o Con da Romaíña con árbores autóctonas
Por Redacción |
-
O número de empresas en Sanxenxo creceu un 2,94 % durante o 2019
Por Redacción |
-
Con da Romaíña, un roteiro que demostra que a beleza de Sanxenxo non está só na súa costa
Por Redacción |
-
Sanxenxo estrea nova estratexia turística en FITUR
Por Oskar Viéitez |