O Nadal comeza a lucir en Marín as súas primeras pezas de decoración
Por Redacción
A maxia do Nadal vai enchendo as rúas e prazas do municipio de Marín. Na tarde deste venres xa se inauguran algunhas das estacións decorativas que formarán parte de toda a ornamentación que está previsto que se remate de instalar ao longo dos próximos días.
O Palco da Música, a Praza da Capirota, a Praza 8 de Marzo, o Parque Eguren ou a Igrexa Vella, así como a zona do Mercado de Seixo, son algúns dos lugares que xa contan con trineos, renos, alpacas de palla, ornamentación floral e un nacemento que desta vez substituirá ao habitual Belén Vivinte.
As concelleiras Marián Sanmartín, Cristina Acuña e Raquel Soage visitaron a colocación dalgunhas destas pezas, que xa estarán acendidas a partir de media tarde.
Relacionadas:
-
O Mini Mercado de Nadal abrirá o sábado 11 de decembro na Alameda de Marín
Por Redacción |
-
Os vándalos estragan parte da decoración de Nadal en Marín
Por Redacción |
-
A iluminación do Nadal enche as rúas e prazas de Marín
Por Redacción |
-
O Concello de Marín convoca unha recollida solidaria de alimentos entre os centros educativos do municipio
Por Redacción |