O Nadal xa ten luz en todo Poio
Por Alejandro Espiño
Desde as cinco e media da tarde os principais espazos públicos de Poio xa locen de Nadal. A través dun acendido 'on-line' debido á pandemia da covid-19, o Concello estreou a decoración que engalanará as rúas e prazas do municipio durante as próximas semanas.
Estes elementos luminosos están repartidos polas cinco parroquias do municipio. Nela, investíronse máis de 40.000 euros.
Os motivos de Nadal inclúen elementos decorativos para habilitar nas luminarias das principais vías do concello, así como en rotondas, igrexas ou na fachada da Casa Consistorial.
Ademais, reforzouse a decoración en puntos estratéxicos como a Praza da Chousa de Combarro, a contorna de Costa Xiráldez en Lourido, a Alameda do Mosteiro ou as prazas de Campelo, Raxó e Samieira.
A iluminación permanecerá operativa desde este venres ata despois do Día de Reis. As luces prenderanse cada día ás 17.30 horas. Ademais, en datas sinaladas como Noiteboa ou Aninovo, estarán acendidas durante toda a noite.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, aproveitou este acto simbólico de acendido para, en nome de toda a corporación, desexar á cidadanía unhas boas festas tras un "ano difícil".
A pesar diso, engadiu, "non podemos renunciar a celebrar o Nadal en familia, na casa, apoiando ao sectores locais e co convencemento de que 2021 será un ano mellor, no que conseguiremos saír desta situación grazas ao esforzo de todos e todas".