A cifra de novos positivos sitúase en 26 na área sanitaria e continúan 9 pacientes covid na UCI de Montecelo
Por Redacción
Durante as últimas 24 horas realizáronse 794 probas PCR na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés ofrecendo 26 novos casos positivos pola covid-19, catro máis que o xoves. Rexístrase un descenso no número de infeccións activas nesta zona da provincia pasando dos 1.106 do xoves a 1.065 persoas infectadas durante este venres, 41 casos menos durante as últimas horas.
Segundo os datos da Consellería de Sanidade nos hospitais de Pontevedra e O Salnés mantéñense 50 persoas ingresadas. 41 pacientes covid están en planta de hospitalización: 34 no Hospital Montecelo, 5 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés. A esta cifra hai que sumar os nove pacientes que se manteñen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un menos que na xornada do xoves. 1.015 pacientes con covid atópanse nas súas casas evolucionando coa enfermidade.
Nas últimas horas falecían dúas persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP); unha muller de 71 anos que procedía da Residencia de Vilaboa e un home de 80 anos, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Ambos tiñan un historial clínico con patoloxías previas. Con estes dous novos falecementos, a cifra de persoas que morreron en Pontevedra como consecuencia do virus é de 59 pacientes. Curáronse 4.506 persoas, 66 máis que no último rexistro realizado polo Servizo Galego de Saúde hai 24 horas.
DATOS EN GALICIA
O total de pacientes con infección activa en Galicia é de 7.136 persoas, 347 atópanse hospitalizadas en planta e 62 permanecen na Unidade de Coidados Críticos. Nas últimas horas nas probas PCR realizadas detectáronse 290 novos casos positivos. Cos 8 pacientes que perdían a vida por coronavirus nas últimas horas en Galicia, o número de falecidos é xa de 1.236 persoas desde o inicio da pandemia.
A Coruña segue sendo a área sanitaria con máis persoas ingresadas: 100 pacientes atópanse hospitalizados no Complexo Hospitalario aos que se suman 20 persoas na UCI, ademais doutros catro persoas infectadas que se atopan en planta do Hospital Virxe da Xunqueira.
En Vigo, 48 persoas están ingresadas en planta do Hospital Álvaro Cunqueiro onde se manteñen 10 persoas na UCI.
Relacionadas:
-
Falecen por covid-19 na área sanitaria un home procedente da Residencia Soremay e unha muller da Residencia de Vilaboa
Por Redacción |
-
Soben as hospitalizacións por Covid na área sanitaria a pesar de manterse o descenso de casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria baixa do milleiro de casos activos de Covid por primeira vez desde o 30 de outubro
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés alcanza xa as 60 vítimas mortais por covid-19 nunha semana negra
Por Redacción |
-
Continúan descendendo os casos activos de Covid na área sanitaria tras unha xornada con 39 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Lixeiro aumento de casos de covid-19 na cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos e un home de 80 falecen en Montecelo por coronavirus
Por Redacción |
-
Apelan á "responsabilidade cidadá" para que a curva de contaxios non aumente antes de Nadal
Por Redacción |
-
Segue a baixada de casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller de 80 años falecida en Montecelo, vítima número 57 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |