Impulsan unha "acción transversal" para previr incendios en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Ata 169.000 euros vai a investir a Xunta de Galicia nunha iniciativa que cualificaron de "acción transversal" para a prevención de incendios forestais en Cerdedo-Cotobade.
Entre outras actuacións, este programa incluirá a mellora de pistas forestais, o acondicionamento e a creación de cortalumes e a construción de puntos de auga.
Unha destas accións realizouse na pista central de acceso ao monte veciñal de Pedre, na zona de Cerdedo, na que se actuou para facilitar a chegada dos medios de extinción en caso de incendio. Ata alí achegouse este xoves a delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro.
Neste exercicio, explicou Piñeiro, xa se fixeron melloras en case dez quilómetros de camiños e pistas de monte deste municipio e procedeuse á apertura ou acondicionamento de cortalumes en preto de 25 hectáreas.
Na actualidade estase rematando a construción dun punto de recollida de auga para seguir completando a rede para os medios de extinción na parroquia cotobadesa de Corredoira e está proxectado outro máis en San Xurxo de Sacos.
Cerdedo-Cotobade, un dos máis grandes concellos da provincia, ten 12.800 hectáreas forestais pertencentes a 54 comunidades de montes, polo que segundo a delegada da Xunta "temos que esforzamos ao máximo para anticiparnos aos lumes".
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade pide á poboación que limpe fincas e franxas de protección para evitar incendios
Por Redacción |
-
Plantarán 20.000 árbores autóctonas nos montes comunais de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade chama a legalizar as traídas de auga do municipio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade suma unha máquina de roza ao seu dispositivo de loita contra incendios
Por Redacción |
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |