Apelan á "responsabilidade cidadá" para que a curva de contaxios non aumente antes de Nadal
Por Redacción
As autoridades entenden que, de cara a esta ponte festiva da Constitución, os cidadáns debemos extremar as precaucións nos próximos días para evitar que a curva de contaxios aumente antes do Nadal. Así o destacou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba.
Tras presidir a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa, na que se prepararon os operativos de vixilancia e control para as próximas festas, Larriba apelou á "responsabilidade cidadá" para frear a incidencia da covid-19 na provincia.
"A día de hoxe na provincia non existen motivos para confiarnos, os contaxios continúan a producirse e a responsabilidade debe ser máxima para evitar un empeoramento da situación antes do Nadal", asegurou a subdelegada.
Insistiu que en que as novas medidas aprobadas en Galicia non deben ser entendidas como un "síntoma de relaxación", polo que pediu "prudencia" ante xuntanzas ou desprazamentos.
Durante esta reunión de coordinación, na que participaron responsables da Policía Nacional, a Garda Civil ou a Policía Autonómica, analizáronse as novas medidas decretadas pola Xunta de Galicia e fixáronse os operativos policiais de vixilancia e control dos peches perimetrais.
Maica Larriba sinalou que as forzas e corpos de seguridade de Estado seguirán a coordinarse coas policías locais para garantir o cumprimento das medidas sanitarias decretadas e a nova regulación do sector da hostalaría, reforzar a vixilancia cidadá e, naqueles municipios con peche perimetral, controlar que se cumpren as restricións de movemento.
Relacionadas:
-
Área sanitaria de Pontevedra: "preparámonos para unha repunta entre 7 e 14 días despois de Nadal"
Por María José Pita |
-
A cifra de novos positivos sitúase en 26 na área sanitaria e continúan 9 pacientes covid na UCI de Montecelo
Por Redacción |
-
Unha muller de 71 anos e un home de 80 falecen en Montecelo por coronavirus
Por Redacción |
-
As restricións horarias e de aforo fan inviable a reapertura da hostalería en Pontevedra
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Galicia pecha as súas fronteiras ata o 9 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Mozos e mozas de 15 a 24 anos, franxa de maior incidencia da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |