MercaCuntis suma unha guía física á web que reúne os comercios do municipio
Por Redacción
Preto de douscentos establecementos comerciais de Cuntis forman parte xa de MercaCuntis, unha iniciativa do goberno municipal para apoiar o tecido económico do municipio.
A través da web mercacuntis.com, todos os cidadáns poden consultar toda a oferta comercial da vila, dunha maneira sinxela e intuitiva. Nesta plataforma, aparecen os datos de contacto de cada negocio, distribuídos por sector de actividade.
Ademais, infórmase de se o establecemento ten reparto a domicilio ou se vende os seus produtos a través do comercio electrónico, entre outras prestacións.
"Apoiar á nosa xente é fundamental para soster a economía local e máis nunha situación como a actual na que mercar en proximidade xera unha confianza tan necesaria", sinalan desde o Concello de Cuntis.
Xunto coa web, os responsables desta iniciativa decidiron editar tamén nun soporte físico unha guía cos datos necesarios para consultar ou contratar o servizo que se precise.
Desde que se puxo en marcha esta iniciativa, MercaCuntis recibiu xa máis de 12.000 visitas na súa páxina web e conta con máis de 800 seguidores no seu perfil de Facebook e 500 no de Instagram. A interacción nas redes alcanza unhas 2.000 persoas diarias.
Relacionadas:
-
O Concello mantén a súa aposta por mercacuntis.gal para fomentar o consumo de proximidade
Por Redacción |
-
Cuntis impulsa un paquete de medidas para paliar os efectos da crise no comercio e a hostalería
Por Redacción |
-
Nace Mercacuntis, a plataforma web para realizar compras no comercio local
Por Redacción |