Move as túas redes sociais con PonteLovers, podes gañar unha cesta de Nadal de 900 euros
Por Redacción
Para dinamizar a actividade comercial local, a Concellería de Promoción Económica e Turismo a travaés da plataforma #PonteLovers abriron xa un sorteo premiado cunha cesta do Nadal valorada en máis de 900 euros.
Para poder optar ao premio hai dúas opcións: entrar en Instagram a través de @eponte2020, facer un comentario no que se mencione a dúas persoas coñecidas e difundir esa publicación nas stories persoais de Facebook e de Instagram. A maior número de respostas á publicación, máis posibilidades de gañar a cesta. Outra posibilidade de participar é rexistrarse como usuario no portal de comercio en liña www.e-ponte.com e realizar unha compra.
A cesta está composta de produtos, servizos gratuítos e descontos que ofrecen os establecementos que participan na plataforma de comercio local E-ponte. com. Ata a data do sorteo a contía do premio pode ir aumentando, de acordo aos establecementos que sigan sumando achegas.
O sorteo realizarase o 17 de decembro da seguinte forma: "xuntaranse as diferentes vías de participación. Farase un sorteo con todos os participantes en redes sociais, outro sorteo cos usuarios rexistrados no portal da internet e estes uniranse a todas aquelas persoas que realizasen unha compra no marketplace. Das tres opcións sairá a persoa gañadora", explicou a concelleira socialista Yoya Blanco.
Relacionadas:
-
O Mercado de Abastos, convertido nunha pasarela de moda
Por Redacción |
-
O alumnado do colexio Xunqueira II deseña carteis de apoio ao comercio local
Por Redacción |
-
O Concello sorteará 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros para gastar nos comercios e locais de Marín
Por Redacción |
-
'Polo Nadal, comercio local', campaña para fomentar a compra de proximidade en Barro
Por Redacción |
-
'Quen é quen?', unha cadea de descontos para premiar a fidelidade ao comercio local en Poio
Por Redacción |