Pontevedra ten en execución obras de saneamento e abastecemento por 41 millóns de euros
Por Alejandro Espiño
Pontevedra será, a finais de 2021, a cidade galega con máis poboación con saneamento e abastecemento. A práctica totalidade dos habitantes do concello terán conexión con ambas as redes municipais, segundo destacou o goberno municipal.
As obras recollidas no contrato da auga, asinado con Viaqua hai dous anos, avanzan "a moi bo ritmo", asegura o edil Raimundo González. Actualmente estanse executando obras, principalmente en todo o rural pontevedrés, por valor de 41 millóns de euros.
Iso significa que, dos 58 millóns de euros que en materia de saneamento e abastecemento, investiranse no marco deste novo contrato, o 71,3% está xa terminado ou en execución. Son 25 proxectos en total.
Nestes momentos está a despregarse o abastecemento de auga nas parroquias de Salcedo, Lourizán e Marcón e a rede de saneamento en Campañó, Bora, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido.
Todas estas actuacións permitirán que o servizo municipal de auga potable chegue ao 91,5% da poboación de todo o concello, ao incorporarse 3.154 novas acometidas. Saneamento, pola súa banda, terá o 97,62% da poboación. Son 899 novas acometidas.
Estas cifras aínda crecerán máis cos trece proxectos pendentes que, na súa maior parte, xa están redactados e só pendentes dalgún trámite administrativo. Supoñerán outros 17 millóns de euros de investimento, apuntou o concelleiro do BNG.
Trátase, entre outros, da segunda fase do saneamento de Xeve e Verducido ou o depósito de auga prevista en Valadares, que dará servizo a Marcón e Tomeza.
O responsable do ciclo da auga no goberno municipal destacou que estas obras están a realizarse "practicamente sen incidencias" e cumprindo os prazos, a pesar de ser obras "complexas" e que atravesan todo o rural de Pontevedra.
Para instalar estas redes están a levantarse o pavimento de 242 quilómetros de viais, 147 para o abastecemento e 95 para o saneamento, que posteriormente debe ser reposto.
417 POSTOS DE TRABALLO
Ademais do impacto ambiental que supoñen estas obras, o goberno municipal subliña a actividade económica que propician. Nelas, actualmente, traballan nove empresas. Todas elas son de Pontevedra e da súa comarca.
"Iso para min é un motivo de satisfacción importante", afirmou Raimundo González, que traslada que, segundo os datos da empresa Viaqua, as obras que se están executando supoñen 417 postos de traballos directos. A eles habería que sumar os indirectos e inducidos en provedores e subministradores de materiais.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Viaqua inician mobilizacións en Pontevedra por "un convenio xusto"
Por Manu Otero |
-
Pontevedra renovará a estación de bombeo de Monte Porreiro para aumentar a súa capacidade
Por Alejandro Espiño |
-
Oubiña invita á veciñanza das parroquias a sumarse ás acometidas de saneamento e abastecemento
Por Redacción |
-
Paso definitivo para completar o saneamento de Santa María de Xeve
Por Redacción |
-
O alcalde Fernández Lores visita as obras de impermeabilización do depósito de Lérez
Por Redacción |
-
Campañó, Marcón e Xeve, obxectivo das últimas obras no rural
Por Redacción |
-
Tres millóns de euros para completar o saneamento en Santa María de Xeve
Por Alejandro Espiño |
-
Continúan as obras de mantemento nas parroquias do rural pontevedrés
Por Redacción |
-
Batería de accións de mantemento no rural pontevedrés antes de final de ano
Por Redacción |
-
Millón e medio de euros para levar a subministración de auga a 320 vivendas de Tomeza
Por Alejandro Espiño |
-
A xustiza avala a legalidade do novo contrato da agua de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Mergulladores traballan en Beiramar para evitar que a auga do mar chegue á depuradora
Por Alejandro Espiño |