O CEMMA alerta da entrada en tempada de varamento de lobos mariños nas praias e pide colaboración cidadá
Por Redacción
Durante os últimos días atopábanse dúas crías de lobos mariños en Malpica e en Cedeira. Os seus nomes, Pabar e Rube. Trátase dos primeiros casos destes mamíferos mariños que aparecen nas praias de Galicia durante esta tempada de varamentos.
Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) fan un chamamento á cidadanía ante a posibilidade de que coa chegada dos temporais na franxa atlántica, aparezan diferentes especies nos areais do litoral das rías galegas, en concreto, lobos mariños, tamén coñecidos como foca gris.
No caso de que alguén atope un destes animais varado na praia, desde esta organización recomendan non achegarse nin molestalo. En caso de levar un can, atalo para evitar causarlle danos e poñerse en contacto co 112 ou co 686.989.008 para ofrecer información do punto no que se atopa o animal. Tamén se pode alertar a CEMMA Cetáceos a través da súa páxina en Facebook.
Desde esta ONG galega realizarase un seguimento do exemplar e comprobarase o seu estado de saúde para detectar se se atopa descansando e volverá polos seus propios medios ao mar ou se é necesaria a intervención dos técnicos para trasladalo ás instalacións do CEMMA e realizar traballos para rehabilitalo.
Relacionadas:
-
O lobo mariño 'Rube' recupérase na Illa de Arousa tras quedar atrapado nun aparello de pesca
Por Oskar Viéitez |
-
A toniña xa aparece recollida no BOE como especie en perigo de extinción
Por Redacción |
-
A CEMMA segue achegando a vida dos mamíferos mariños desde o confinamento
Por Marisa Ciordia |
-
O lobo mariño Guardesiña despídese e volve ao mar tras recuperarse na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
A Illa de Arousa despide un lobo mariño e dá a benvida a outro para a súa recuperación
Por Redacción |