As luces de Nadal iluminarán Ponte Caldelas a partir do venres
Por Redacción
Ás sete da tarde do venres. É a hora prevista para o acendido da iluminación de Nadal de Ponte Caldelas que, segundo destaca o goberno municipal, vén con moitas novidades.
Na Praza de España concéntranse os elementos decorativos, que están formados por unha bóla xigante acompañada das palabras Bo Nadal, unha caixa de regalo á que se pode acceder ó seu interior, un photocall de renos familiar, árbores de luces e catro renos.
Pola súa banda, na Alameda están instaladas bólas colgantes. Na Praza do Bispo decoráronse as camelias con luces vermellas e instalouse unha árbore xunto á fonte e na Praza de Placeres Castellanos colocouse unha árbore de Nadal.
Tamén hai decoración de Nadal no balcón da Casa do Concello, da Casa da Cultura, na ponte de madeira, na rotonda de Cuñas, na rotonda de Pazos e en todas as rúas da vila.
Relacionadas:
-
Papá Noel pasa por Ponte Caldelas na súa ruta de Noiteboa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume da "mellor iluminación de Nadal" dos últimos anos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas dará un vale de 10 euros por vivenda para mercar no comercio local
Por Redacción |
-
50 vales de 50 euros para que ningún escolar quede sen agasallo este Nadal
Por Redacción |