O PSOE pedirá no Parlamento de Galicia reforzar o persoal do centro de saúde de Cerdedo
Por Redacción
A deputada socialista Paloma Castro estivo este mércores no Concello de Cerdedo-Cotobade para anunciar que o seu grupo levará ao Parlamento de Galicia os problemas de persoal sanitario que sofren os veciños da localidade desde fai máis de ano e medio.
A responsable socialista estivo no centro de saúde de Cerdedo xunto coa portavoz do Concello, Lina Garrido, e o concelleiro Jose Pazos, onde constataron a demanda veciñal para que as autoridades sanitarias garantan a cobertura das ausencias dos profesionais do centro, que están a provocar que a atención aos veciños "non sexa o eficiente que debese".
Neste sentido, Castro advertiu que o Sergas deixa sen cobertura as baixas por horas sindicais ás que ten dereito un dos médicos do centro de saúde, que pode deixar á localidade desatendida varios días nunha mesma semana. Reclamou sensibilidade do goberno galego para garantir a atención plena nun centro de salud que atende a boa parte da poboación envellecida que require tratamentos continuos que quedan desatendidos.