50 vales de 50 euros para que ningún escolar quede sen agasallo este Nadal
Por Redacción
Os Servizos Sociais municipais de Ponte Caldelas entregarán un total de 50 vales de 50 euros para que ningún escolar do Concello quede sen o seu agasallo nestas festas do Nadal, así o afirma o goberno local do alcalde Andrés Díaz, que manifesta que desde o Concello está a axudarse ás familias para pasar esta situación de dificultade actual.
A partida deste 2020 para Servizos Sociais sitúase en 30.000 euros para Emerxencia Social, con partidas concretas para cheques destinados a alimentación (5.000 euros repartidos en 50 cheques de 100 euros) e agasallos de Nadal (2.500 euros repartidos en 50 vales de 50 euros). Andrés Díaz afirma que no caso de que se esgote o diñeiro destas partidas vai recorrerse ao orzamento xeral de Emerxencia Social para que ningunha persoa que o necesite quede sen eses vales para adquirir alimentos ou agasallos.
Desde o goberno local afirman que en 2021 o diñeiro destinado a Emerxencia Social aumentará ata a cifra de 35.000 euros, unha situación que Díaz contrapón coa que había antes do seu mandato cando só destinábanse 5.000 euros a estas iniciativas sociais e o Concello non distribuía cheques de alimentos nin vales agasallo.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas axuda a preto de cen familias vulnerables a través dos programas municipais
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume da "mellor iluminación de Nadal" dos últimos anos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas dará un vale de 10 euros por vivenda para mercar no comercio local
Por Redacción |
-
As luces de Nadal iluminarán Ponte Caldelas a partir do venres
Por Redacción |