Seis novos axentes incorporáronse á Policía Local de Pontevedra
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra conta desde este martes con seis novos axentes.
Tras superar as probas de acceso e un curso de formación de nove meses na Academia Galega de Seguridade, xa están ao dispor das necesidades organizativas deste corpo policial.
Ademais, xa estiveran tres meses en prácticas en Pontevedra desde o pasado mes de agosto.
Os seis novos policías locais, todos eles homes, foron recibidos esta mañá polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o xefe da Policía Local, José Manuel Duarte.