Os comercios da zona monumental terán decoración do Nadal feita por usuarios da Asociación Alba
Por Redacción
Representantes da Asociación Alba fixeron entrega este martes aos dirixentes do Centro Comercial Urbano Zona Monumental un pedido de 84 coroas do Nadal que serán repartidas entre os establecementos asociados para a decoración de Nadal.
É a primeira vez que ambas as institucións colaboran e os resultados non puideron ser máis satisfactorios. "Veunos xenial este encargo para retomar a actividade nos talleres ocupacionais cuxa actividade quedara ralentizada como consecuencia da pandemia. Ademais a Zona Monumental creo que quedou satisfeita por ter un produto elaborado polos nosos usuarios", explica Germán Iglesias, representante desta asociación especializada en atender a persoas con enfermadades mentais e aos seus familiares.
Desde a súa fundación fai xa máis de 25 anos, a Asociación Alba leva atendidos en Pontevedra a máis de 700 usuarios. Ademais de organizar talleres ocupacionais como os que serviron para confeccionar estes adornos, os profesionais desta entidade prestan tamén servizos asistenciais, organizan actividades deportivas e lúdicas e atenden aos usuarios que participan no proxecto de cinco pisos tutelados situados en Príncipe Felipe, nos que os usuarios teñen plena autonomía e ademais reciben a atención que precisan.
O presidente do colectivo comercial, Miguel Lago, quixo agradecer a colaboración da Asociación Alba, "que realiza un labor importantísima", e lembrou a todos os comerciantes asociados ao Centro Comercial Urbano que xa poden pasar pola oficinas da asociación na Rúa Sierra a recoller unha destas coroas do Nadal tan especiais
Relacionadas:
-
Centos de persoas xa trocaron o seu premio por mercar na Zona Monumental
Por Redacción |
-
'Este Nadal merca na Zona Monumental', a campaña para animar as compras no comercio local
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Pontevedra encenderá a iluminación de Nadal o próximo venres 4 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
Zona Monumental prepara unha nova campaña para dinamizar o comercio no centro histórico en Nadal
Por Redacción |