O BNG presenta unha emenda para que o Ministerio mellore a estrada N-550 ao seu paso por Barro
Por Redacción
O BNG emedou os Orzamentos Xerais do Estado co obxectivo de que o Goberno Central inclúa nas contas para o exercicio do 2021 melloras na seguridade viaria na N-550 ao seu paso por Barro, coa solución a dous puntos que representan un verdadeiro perigo para os milleiros de vehículos que circulan por eles a diario e que son xa reclamacións históricas da organización nacionalista.
Desta forma, o BNG pídelle ao Goberno do Estado a construción de dúas rotondas por valor de un millón e medio de euros.
Unha delas no cruzamento entre a N-550 e a estrada EP-0506, que une A Portela e Curro, xa que este é un punto especialmente conflictivo por causa da escasa visibilidade e da pouca marxe que teñen os vehículos procedentes da Portela, especialmente os vehículos pesados, para incorporarse á N-550 en dirección ao núcleo do Santo Antoniño. A construción desta rotonda servirá ademais como elemento de calmado do tránsito.
A emenda inclúe outro punto conflictvo: o cruzamento de Porráns entre a N-550, a estrada de Moraña (EP-0501) e a pista municipal que dá acceso ao lugar do Coruto.
A mellora da seguridade viaria nestes dous puntos é unha prioridade para Barro, polo que o BNG espera que o Goberno central se sensibilice con este problema que afecta milleiros de persoas que discorren pola N-550 a diario e evitar así máis accidentes.
Relacionadas:
-
Deputados pontevedreses do PP critican os PGE porque debería ser "menos ideolóxicos e máis útiles"
Por Redacción |
-
O BNG lembra ao Goberno de Pedro Sánchez as "demandas históricas" do concello de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Barro reitera a necesidade de mellorar a seguridade vial nas interseccións da N-550
Por Redacción |
-
Sáldase sen feridos un aparatoso accidente entre un camión e un turismo en Barro
Por Redacción |
-
Cinco feridos en Barro tras bater contra un camión do lixo
Por Redacción |