O Concello da Lama entrega sete axudas de 1.000 euros a recén nacidos
Por Redacción
O Concello da Lama aprobou este luns por unanimidade a convocatoria de sete axudas para fomentar a natalidade e o empadroamento no municipio correspondentes a sete recentemente nacidos no municipio. Esta subvención é compatible con calquera outra existente no Estado e supón un montante total de 1.000 euros por persoa en dous pagos anuais de 500 euros.
A sesión plenaria serviu tamén para informar do período de pago a provedores, que se sitúa en 13 días, e dunha solvencia económica e estabilidade orzamentaria consolidada.
A moción presentada polo BNG en relación coa mina de litio que proxectada en terreo deste municipio e outros lindeiros foi rexeitada polo goberno local, tendo en conta que a iniciativa xa foi rexeitado pola Xunta a ser medioambientalmente inviable.
Sobre a programación do Nadal, desde o goberno local informan que estará supeditada á evolución da pandemia. En todo caso, está previsto un espectáculo de maxia itinerante nas seis aulas do colexio, así como repartición de xoguetes a todos os escolares. A cabalgata de Reyes non se poderá celebrar por seguridade, pero as súas maxestades visitarán cada unha das parroquias en eventos seguros para que ningún neno quede sen entregar as súas cartas.