Pontevedra mantén unha alta incidencia acumulada de casos
Por Oskar Viéitez
O número de casos activos de covid apenas variou este luns na comarca de Pontevedra, segundo os datos achegados pola Consellería de Sanidade.
Así, en Pontevedra capital o número de positivos é este luns de 321 persoas, dúas máis que onte domingo. En Sanxenxo son 91 casos positivos, o que supón 3 persoas menos que onte. En Poio aumentou o número de casos en 5 persoas respecto a a cifra achegada na xornada dominical, quedando o dato en 62 contaxiados, e en Marín hoxe hai 76 casos activos, catro menos respecto ao domingo.
Pontevedra tamén mantén unha alta incidencia acumulada que apenas rexistrou un pequeno descenso de tres casos a catorce días que a xornada anterior, con 269 novos casos diagnosticados.
RESIDENCIAS
A Consellería de Sanidade notifica este luns 415 casos activos entre os usuarios das residencias da terceira idade de toda Galicia.
Na nosa área sanitaria de Pontevedra – O Salnés súmanse este luns 41 casos activos na Residencia Pontevedra (Vilaboa), 14 casos na Residencia Soremay (Pontevedra), 17 casos na Residencia DomusVi Ribadumia, 2 casos na Residencia Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa) e 1 caso na Residencia Nosa Señora Valvanera (Cambados).
Retiráronse do cómputo por negativizar 4 usuarios da Residencia Domusvi de Ribadumia.
En canto aos traballadores das residencias de maiores que están afectados pola covid son 203. Dos que 1 está na Residencia Nosa Señora Valvanera (Cambados), 2 na da nosa Señora das Dores (Forcarei), 6 na Residencia Soremay (Pontevedra), 14 na Residencia DomusVi Ribadumia e outros 14 na Residencia Pontevedra (Vilaboa).