O Salnés envórcase con Amigos de Galicia para que ningún neno quede sen agasallo de Nadal
Por Redacción
A Fundación Amigos de Galicia está inmersa nunha nova campaña de Nadal na que se marca o obxectivo de que os menores das familias máis desamparadas poidan ter baixo a súa árbore un agasallo nestas festas tan especiais para a infancia e que este ano serán tan diferentes. A campaña “Comparte un xoguete, comparte ilusión” servirá para repartir máis de 2.500 agasallos entre os menores das familias atendidas en toda Galicia.
Para lograr este obxectivo a entidade conta co apoio de entidades e empresas da comarca do Salnés que se sumaron a esta iniciativa para axudar a chegar á meta e que ningún menor quede sen o seu paquete estas festas.
Alcampo Vilagarcía de Arousa organiza unha campaña de recollida de xoguetes novos entre o 05 de novembro e o 20 de decembro que serán entregados á Fundación da zona do Salnés. A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa sumouse á campaña promovendo entre a comunidade educativa doazóns económicas para que Amigos de Galicia poida comprar os agasallos no comercio local da comarca.
A asociación “O noso Granito de Area” colabora tamén entregando 5 euros á Fundación por cada unha das fotos que reciba de participantes da súa iniciativa Ruetando por Sorrisos. O Concello de Moraña ou o Anpa Vagalume teñen tamén en marcha unha campaña de recollida de xoguetes e bens de hixiene para doar á Fundación.
Para xestionar todos os paquetes recibidos, Amigos de Galicia busca voluntarios para colaborar na campaña de Nadal envolvendo e clasificando agasallos.
Relacionadas:
-
Fundación Amigos de Galicia proporciona a cea de noiteboa e fin de ano ás familias vulnerables
Por Redacción |
-
A Fundación Amigos de Galicia busca persoas voluntarias para empaquetar agasallos na campaña de Nadal
Por Redacción |
-
A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima
Por Oskar Viéitez |
-
A Fundación Amigos de Galicia realiza un novo envío de roupa e diverso material para o proxecto 'Ilusión por Angola'
Por Redacción |
-
A Fundación Amigos de Galicia logra a inserción laboral de 20 persoas na provincia durante o mes de xuño
Por Oskar Viéitez |