O PP de Cuntis critica que o Goberno local rexeitase as súas alegacións ao Plan de Mobilidade
Por Redacción
O PP de Cuntis critica que o Goberno local rexeitase as alegacións que presentaron os populares ao Plan de Mobilidade, xa que pretendían "evitar as aberracións que pretenden levar a cabo", principalmente na rúa Xosé Lastra e na contorna do colexio.
Nesta liña, os concelleiros populares din que "non se trata de intoxicar, torpedear ou atrasar o plan de mobilidade", xa que entenden que bastaba con facer unhas correccións no plan.
Desde o PP defenden que eles tamén queren un plan de mobilidade sustentable para Cuntis, e piden ao alcalde que explique aos veciños que todo o tráfico que baixa de Xinzo, Cequeril e Campo Lameiro ten que pasar por diante do colexio porque se lle saca un sentido de circulación á rúa da Palma.
Ou como para ir ó centro médico non poden entrar desde a N-640, pola rúa da Presiña, senón que teñen que facelo desde Calvos e Piñeiros ou atravesando todo o centro urbano.