Zona Monumental prepara unha nova campaña para dinamizar o comercio no centro histórico en Nadal
Por Redacción
A asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental está a preparar unha nova campaña que, baixo o título 'Este Nadal, merca na zona monumental', busca incentivar as compras e o consumo e premiar a fidelidade dos clientes.
Todos os establecementos de todos os sectores situados na zona monumental están chamados a participar na campaña, que se desenvolverá do 15 de decembro ao 5 de xaneiro de 2021.
O funcionamento da campaña presentarase dentro duns días, pero desde a asociación xa sinalan que tamén se poderán sumar os establecementos que non forman parte da entidade, pois entenden que debido aos duros momentos actuais derivados da pandemia da covid-19 "todos xuntos seremos máis visibles para os nosos clientes".
Todos aqueles que desexen participar na campaña terán que poñerse en contacto coa asociación antes do 2 de decembro. Poderán facelo chamando ao 685896569 ou por correo electrónico na dirección info@ccuzonamonumental.es, onde se lles dará información máis detallada.
Como todos os anos, Zona Monumental instala a iluminación do Nadal do centro histórico en colaboración co Concello e, ademais, teñen á venda lotería de Nadal nos establecementos asociados.
Relacionadas:
-
'Este Nadal merca na Zona Monumental', a campaña para animar as compras no comercio local
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A araucaria de 30 metros da Alameda volve iluminar o Nadal pontevedrés como hai tres décadas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Os comercios da zona monumental terán decoración do Nadal feita por usuarios da Asociación Alba
Por Redacción |
-
Un aplauso para a estrela da árbore de Nadal da Ferrería, que achega un pouco máis as festas
Por Redacción & Cristina Saiz |