A Universidade de Vigo celebrará o evento Usa a Lingua a través de Instagram
Por Redacción
A Axencia Junior de Publicidade, formada por alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Freshysweet, celebrará o evento 'Usa a Lingua' para apoiar o idioma galego con figuras importantes na nosa cultura.
Será vía instagram a partir do próximo 30 de novembro e consistirá nunha serie de charlas e concertos de diversos galegos e galegas que coñecidos e relevantes na actualidade. Para adaptarse á situación de pandemia, este ano levarase a cabo a través do Instagram de Usa a Lingua (@usaalingua) ata o 4 de decembro.
David Amor inaugurará o evento o luns 30 ás 16.00 horas e o martes 1, á mesma hora, estará Aí Falaches!. O mércores estará Patricia Hermida, manager de Heredeiros da Crus e Agoraphobia. Tras a conferencia de Patricia Hermida, ese mesmo día ás 19.00 horas estará Dani Irimia, protagonista do último anuncio de Gadis. O xoves 3 de decembro, ás 16.00 horas, estará Orgullo Galego. Para rematar ao grande o evento, o venres contarán con cos concertos de The Rapants ás 18.00h e de Dakidarría ás 19.30 horas.
Segundo explica Freshysweet, "todos os participantes de este acto son de gran interese no campo da comunicación, música e cultura galega. Referentes en redes sociais, que teñen algo que dicir en prol da protección da nosa lingua."
Por último, queren destacar que cada día de Usa a Lingua sortearase entre as persoas que acudan a este evento online unha bolsa sorpresa co deseño da campaña e productos galegos no seu interior. De todas formas, aqueles que non a consigan, poderán ter a bolsa e as chapas do evento pasando pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
O programa Usa a Lingua naceu hai 3 anos, coa finalidade de promover, normalizar, extender e fomentar o uso do galego entre os xoves.