Lixeiro descenso de casos de covid-19 en Pontevedra e Marín mentres medran en Poio e Sanxenxo
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non logra frear a curva de contaxios. A pesar de que o ritmo de novos positivos de covid-19 se retardó nos últimos días e se están a producir moitas altas de pacientes, hai moitos municipios nos que nin as estritas restricións das autoridades sanitarias logran que paren de aumentar os casos activos.
Sanxenxo, Poio ou Vilagarcía de Arousa viviron nas últimas 24 horas un novo aumento de casos mentres que na outra cara da moeda se sitúan Pontevedra, Marín ou Vilanova, con pequenos descensos.
En Pontevedra, o a Consellería de Sanidade comunicou ao Concello que este sábado hai 313 casos activos, 10 menos que o venres. É o municipio con máis casos e tamén con máis descenso.
En Marín, segundo os últimos datos actualizados por Sanidade, 77 casos activos, un menos nunha xornada.
Tamén en Vilanova de Arousa descenderon os casos activos. Este sábado hai 27 despois de darse tres altas e non rexistrarse novos contaxios nas últimas 24 horas. a
No caso de Sanxenxo, este sábado hai un total de 84 pacientes coa infección activa despois de sumar tres novos casos en 24 horas.
Tamén en Vilagarcía de Arousa hai este sábado tres casos activos máis, sumando un total de 79.
No caso de Poio, segundo os datos facilitados polo Concello, aumentou un caso e os pacientes coa infección activa sitúanse en 56.
Relacionadas:
-
Subida xeneralizada de contaxios nos municipios da comarca con restricións
Por Natalia Puga |
-
A residencia de maiores Pontevedra de Vilaboa reporta 16 novos positivos por covid-19 e xa suma 56
Por Natalia Puga |
-
Baixan os pacientes hospitalizados e os casos activos na área sanitaria, pero os novos contaxios non frean: 55 nun día
Por Natalia Puga |