A iluminación navideña xa enche Vilagarcía
Por Redacción
Vilagarcía xa está chea de luces do Nadal. Desde a tarde do venres ás 20:00 horas, e de maneira diferente á habitual, prendeuse a iluminación de Nadal.
Non houbo acto na praza de Galicia, pero si na Casa do concello, onde Papa Noel e o alcalde pulsaron xuntos o botón que 'iniciou' o Nadal. Así mesmo, o acto foi transmitido en directo a través das canles de Facebook e Youtube do Concello desde as 19:30 horas.
Durante esa media hora previa, un singular elfo animou a espera de Papa Noel, quen, mentres non se acenderon as luces, atendeu e respondeu as preguntas que os nenos e nenas fixéronlle a través do Facebook. Finalmente, ás 20:00, acendeuse a gran árbore da praza de Galicia e todos os instalados en diversos lugares do municipio e os xardíns efémeros, moitos dos cales tamén apareceron na emisión en directo.