O Concello salienta o "importante papel" do Servizo de Emerxencias local na seguridade do Grove
Por Oskar Viéitez
O Concello do Grove salienta o "importante papel" do Servizo de Emerxencias local no municipio, chegando a asegurar que "tense convertido nun referente en canto a eficacia e mantemento da seguridade".
Este grupo de emerxencias se xestiona de xeito local contando con axudas doutras institucións que non acadan apenas o 20% do seu financiamento.
Os profesionais deste grupo interveñen en problemas e situacións diversas, que van dende accidentes de tráfico ata incendios, ou medidas de proteccion e incluso limpezas, e agora coa pandemia da covid, tamén se ocupan da desinfección de espazos públicos e colexios ou a xestión dos residuos dos domicilios afectados.
Especialmente importante ten sido o papel deste equipo en problemas tan graves como a retirada da avespa velutina.
O Concello apunta que o Servizo de Emerxencias local permite que "moitos dos problemas e emerxencias do Grove resulten facilmente solucionables, algo que resultaría imposible sen dispoñer deste recurso".