O Bloque convoca una concentración en defensa do castro de A Subidá
Por Oskar Viéitez
O BNG de Marín convoca unha concentración en defensa do castro de A Subidá e demandando a paralización das obras de musealización que se están realizando dentro do proxecto Trazas de Pontevedra I por parte da Deputación de Pontevedra coa colaboración do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Será este sábado día 28, ás 17,00 horas.
O Bloque anima á veciñanza a participar nesta concentración ou noutro tipo de actividades que se leven a cabo como a iniciativa de recollida de sinaturas en Change.org, solicitando a paralización inmediata das obras.
Din os representantes do BNG en Marín que "as actuacións no Castro de A Subidá son un atentado e unha falta de respecto para o noso patrimonio arqueolóxico". Engaden que a posta en valor e musealización do castro de A Subidá "está supoñendo unha urbanización e transformación do xacemento nun parque ou mirador".
"Non estamos ante uns traballos de escavación, investigación ou conservación do castro, estamos ante unha transformación do castro nun parque temático", afirman.
Relacionadas:
-
Volven as concentracións para demandar mellor asistencia sanitaria en Marín, convocadas polo BNG
Por Redacción |
-
A musealización do castro da Subidá irá ao Parlamento galego e ao Congreso dos deputados
Por Oskar Viéitez |
-
Varios colectivos de defensa do patrimonio rexeitan a actuación no Castro da Subidá
Por Oskar Viéitez |