62 pacientes permanecen ingresados por covid-19 nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés ten 58 pacientes covid ingresados na planta de hospitalización repartidos da seguinte forma: 51 no Hospital Montecelo, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 4 no Hospital do Salnés; ademais mantéñense catro pacientes coa enfermidade na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, permanecen 1.172 casos covid evolucionando no seu domicilio e na área hai un total de 1.234 persoas enfermas. Nas últimas horas, a través das 686 probas PCR realizadas detectáronse 78 novos casos positivos.
Durante as últimas horas tamén no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra falecía polo virus un home de 81 anos, que presentaba patoloxías previas. Con esta nova vítima o número de mortes por esta causa ascende a 48 na área sanitaria desde o inicio da pandemia.
En Galicia o número de infectados sitúase en 49.487 persoas con 9 falecidos nas últimas horas, 459 persoas hospitalizadas en planta e 100 nas Unidades de Coidados Críticos.
Relacionadas:
-
Baixada de casos confirmados por PCR nas últimas horas: 48 positivos en 660 probas realizadas na área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés mantén unha media de 70 novos positivos diarios nos últimos días
Por Redacción |
-
Dúas novas mortes na residencia de Ribadumia elevan a 50 as vítimas mortais da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra, Marín, Sanxenxo e Cambados, á cabeza dos contaxios na área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Nove persoas falecidas en Galicia nas últimas 24 horas por covid-19, unha delas no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
51 novos positivos confirmados por PCR na área sanitaria, que se sitúa en 4.985 personas contaxiadas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
87 novos casos positivos na área sanitaria Pontevedra - O Salnés durante as últimas 24 horas
Por Redacción | Creada e actualizada