51 novos positivos confirmados por PCR na área sanitaria, que se sitúa en 4.985 personas contaxiadas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este domingo 22 de novembro, a área sanitaria de Pontevedra - O Salnés presenta 52 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización: 45 atópanse no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 4 no Hospital do Salnés. Ademais, mantéñense 5 pacientes con esta enfermidade na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Durante as últimas 24 horas detectáronse 51 novos casos confirmados a través de probas PCR nesta área sanitaria que conta con 4.985 persoas contaxiadas. 1.178 persoas atópanse evolucionando no seu domicilio.
Nesta xornada do sábado non se rexistraron falecementos nesta zona e, por tanto, mantense o número de vítimas en 47 pacientes. Curáronse 3.704 persoas desde o inicio da pandemia.
Realizáronse, nas últimas horas, 862 probas PCR e a cifra do número de test realizados desde o comezo alcanzan o número de 84.295.
Por municipios, Pontevedra presenta 349 casos, dous menos que 24 horas antes; Poio ofrece 63, co descenso dun positivo; Marín aumenta nun paciente chegando a 92 casos activos e o municipio de Sanxenxo aumenta en dous situándose en 83.
Na zona do Salnés, Cambados baixa e sitúase en 77 contaxios; mentres que Vilagarcía experimenta un notable descenso de 9 positivos con 67 casos activos. Pola súa banda, Vilanova de Arousa incrementa a cifra con tres novos contaxios nas últimas horas para establecerse en 35 personas infectadas.
En Galicia, a cantidade de persoas afectadas é de 49.159, con 100 persoas ingresadas e 457 casos novos detectados nas últimas 24 horas. Os pacientes falecidos ascenden a 1.137 persoas, cinco máis que na xornada anterior.
Relacionadas:
-
62 pacientes permanecen ingresados por covid-19 nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Nove persoas falecidas en Galicia nas últimas 24 horas por covid-19, unha delas no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
A Policía Local de Marín controla o cumprimento das restricións con axentes "de paisano"
Por Redacción |
-
87 novos casos positivos na área sanitaria Pontevedra - O Salnés durante as últimas 24 horas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Situación sanitaria na área de Pontevedra - O Salnés: Vilanova de Arousa entra en zona de alerta vermella, Poio sae
Por Redacción |