Ponte Caldelas reducirá os gastos enerxéticos un 30% coas melloras na Avenida de Galicia e da Estrada do Balneario
Por Redacción
Esta semana o pleno municipal de Ponte Caldelas aprobaba o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Con este documento asínase un compromiso medio ambiental e a aposta pola eficiencia enerxética e o desenvolvemento das enerxías limpas, renovables e alcanzables.
A intención con esta ferramenta é establecer unha rebaixa de emisións de ata o 40% no marco de 2030. O goberno local, coa auditoriía realizada por unha empresa externa, xa mantén que coas obras previstas na Avenida de Galicia e na Estrada do Balneario, reducirase nun 30% ese gasto enerxético no ano 2021.
Co documento aprobado establécese a elaboración dun inventario das emisións realizadas; promover a colaboración cidadá co Medio Ambiente; adaptar as estruturas do Concello para reducir as emisións; promover a produción de enerxía a través de fontes renovables; promover a mobilidade sostible e medios de transporte menos contaminantes e mellorar a xestión dos servizos públicos para reducir as emisións de CO2, que provocan o efecto invernadoiro, entre outras medidas.
Relacionadas:
-
Arrancan os traballos de mellora da Estrada do Balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Comezan catro meses de obras na rúa do edificio consistorial de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Barro concede a EDF-Solar a licenza para a construcción do seu centro tecnolóxico
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Aproban a adxudicación de mellora da Estrada do Balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción |