Ferido un ciclista ao ser atropelado na rotonda do Corbillón en Cambados
Por Redacción
Integrantes do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados interviñan durante a tarde deste venres 20 de novembro ao rexistrarse un atropelo dun ciclista na rotonda de Corbillón, no municipio de Cambados.
Un turismo golpeaba ao ciclista que caía ao chan sufrindo erosións nas mans e danos tanto na cadeira como na perna derrecha.
O home foi trasladado ao Hospital do Salnés. Na intervención tamén asistiron patrullas da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, segundo informan desde Emerxencias Cambados.