Así é o novo mapa virtual de Poio Confía
Por Redacción
Preto dun cento de negocios do tecido comercial e hosteleiro do municipio están representados no mapa virtual de Poio Confía.
Trátase dunha ferramenta ‘on line’, que o Concello, a través dos departamentos de Promoción Económica e Turismo, están a ultimar, para poñela á disposición da cidadanía.
Neste contido, a veciñanza poderá consultar información vencellada a preto dun cento de negocios locais que dispoñen do selo distintivo que os acredita como establecementos seguros, que cumpren con todos os requisitos en materia de seguridade sanitaria, aforo e hixiene, decretada pola pandemia da covid-19.
O concelleiro de Promoción Económica, Gregorio Agís, e a edil de Turismo, Silvia Díaz, lembran que a día de hoxe son máis de 100 os negocios de Poio que foron asesorados a través deste programa. Con este mapa virtual, o que se busca é ofrecer á veciñanza unha ferramenta que resulte sinxela e efectiva á hora de buscar algún servizo que precisen.
Ademais, o Goberno local ten claro que tamén é prioritario darlle visibilidade ás pequenas empresas e autónomos, "para poñer en valor o seu esforzo e compromiso neste contexto tan difícil", explican os responsables de Poio Confía.
No mapa virtual hai un apartado especial para todos aqueles establecementos da hostalería que dispoñen de servizo de recollida de comida para levar ou de envío a domicilio. Os negocios hostaleiros interesados en sumarse a esta iniciativa poden enviar os seus datos á dirección de correo electrónico poioconfia@gmail.com. Ademais, ponse á súa disposición o teléfono 625120475 para resolver calquera tipo de dúbida.
O Concello lembra que tamén se porá en marcha proximamente a campaña ‘Quen é quen?’, co obxectivo de dinamizar o consumo de proximidade, poñendo en valor o comercio local, especialmente durante a campaña do Nadal con descontos e sorteos.
Relacionadas:
-
O mapa virtual de Poio Confía engade as farmacias adheridas ao programa de cribado poboacional
Por Redacción |
-
Máis de 50 negocios do tecido empresarial de Poio participan na campaña 'Quen é quen?'
Por Redacción |
-
A campaña 'Quen é quen?' ofrece ata 5.000 euros en vales de compra
Por Redacción |
-
O prendido do alumeado de Nadal en Poio poderá seguirse online
Por Redacción |
-
'Quen é quen?', unha cadea de descontos para premiar a fidelidade ao comercio local en Poio
Por Redacción |
-
Preto de 100 empresas e negocios foron asesorados a través do programa Poio Confía
Por Redacción |