Sanxenxo poñerá en marcha un directorio da hostalería local que ofreza servizo a domicilio
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo anunciou a súa intención de poñer en marcha nos próximos días un directorio da hostalería local que ofreza servizo a domicilio ou recollida no establecemento que se compartirá nas redes sociais e actualizarase periodicamente.
O goberno local quere colaborar desta forma co sector que deberá manterse pechado ao público para consumo no local tras as últimas restricións sanitarias aplicadas en Sanxenxo.
Os establecementos interesados en que se difundan os servizos que ofertan durante este período deberán enviar un correo a info@sanxenxo.org, poñendo como asunto "Directorio" e proporcionando os seguintes datos: Nome da cafetería, tapería ou restaurante, lugar, teléfono e horario. O local sumarase ao directorio que se compartirá nas redes sociais municipais buscando a maior difusión.
A información actualizarase periodicamente coa incorporación dos locais que así o desexen, pero tamén con posibles cambios nos horarios ou servizos dos establecementos incluídos no directorio.
Relacionadas:
-
O ciclo de FP Dual de Hostalería e Restauración de Sanxenxo aínda ten prazas dispoñibles
Por Redacción |
-
Situación sanitaria na área de Pontevedra - O Salnés: Vilanova de Arousa entra en zona de alerta vermella, Poio sae
Por Redacción |
-
O conselleiro de Sanidade recoñece que existe preocupación pola incidencia do virus no Salnés
Por Anxo Lourido |
-
Ante o aumento de positivos, Sanxenxo pasa a estar pechada perimetralmente co Grove a partir do xoves 19
Por Redacción |