Cerdedo-Cotobade mellorará a seguridade vial de Loureiro, Limeres e Cuíña con medidas de protección para vehículos e peóns
Por Redacción
Os lugares de Loureiro, Limeres e Cuíña verán mellorada a súa seguridade vial grazas ao investimento duns 15.000 euros por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade ao destinar parte dos aforros nas obras contratadas do Plan Concellos a afrontar a instalación de medidas de protección para persoas e vehículos ao longo de varios trazados.
Así, no lugar de Limeres instalarase unha varanda modelo "mopu" galvanizada e lacada en cor verde para dar resposta a unha petición veciñal que consideraba que era necesario unha medida de protección para péons destas características e que axudaran tamén a embelecer o aspecto da zona polo que optouse por colocar un elemento diáfano totalmente.
Por outra banda, tamén procederán a colocar varias barreiras de seguridade metálicas semirríxidas na estrada, concretamente unha nunha curva en Loureiro e outra en Cuíña, lugares onde existe unha curva que polo seu trazado precisa dun fornecemento de medidas de protección coa colocación de elementos de características debidamente amoldadas para a atenuación en caso de impacto.
Para o alcalde, Jorge Cubela, "a seguridade é fundamental polo que, cando hai algunha petición destas características, estudiámolas cos técnicos, que son os que saben nestes temas, e imos compaxinando as peticións veciñais co que nos van indicando os expertos co fin de empregar todos aqueles medios dos que dispomos para dar resposta positiva a estas peticións que se nos van producindo. Con estes investimentos tentamos anticiparnos a posibles problemas de perigosidade aínda que a seguridade ao 100% sabemos que non existe".
Relacionadas:
-
A pista municipal de Limeres gaña en seguridade cun valo perimetral
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade mellora o abastecemento de auga en Cuspedriños
Por Redacción |
-
Feijóo garante o compromiso da Xunta cos proxectos prioritarios para Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Conclúe a obra de acceso ao núcleo de Limeres duplicando a súa anchura
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade inicia a renovación das pistas de Limeres e Pozo Negro
Por Redacción |