Dous cans soltos atacan unha muller na praia de Lourido
Por Redacción
Unha muller resultou ferida na noite deste xoves como resultado do ataque de dous cans nas proximidades da praia Lourido, en Poio.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, unha persoa particular alertou do sucedido e indicou que os dous cans estaban soltos polo areal e atacaron á muller e ao seu can.
O 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, do GES de Sanxenxo e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio.