As novas tendencias da moda galega, en Pontevedra: 20 deseñadores e cinco empresas estarán en PONMO
Por Alejandro Espiño
Pontevedra é moda. Con esa filosofía, os organizadores de PONMO, que se celebrará entre os días 26 e 28 deste mes de setembro, revelou este xoves o groso da súa programación, composta por varios desfiles, un concurso de novos deseñadores, un "showroom" e actividades paralelas na rúa. O certame subirá á súa pasarela a preto de 20 deseñadores e cinco empresas que simbolizan os ventos de cambio na moda galega.
A falta de pecharse os últimos detalles do programa, a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, destacou a súa satisfacción pola "madurez" que ten alcanzado un proxecto que naceu hai poucos meses, da man dun grupo de novos profesionais pontevedreses. Insistiu que PONMO "no sustituye a ningún proyecto anterior, pero en cierta medida cubre un hueco que quedó por razones totalmente ajenas al Concello de Pontevedra".
A edil socialista destacou que é "un proyecto diferente, con gente diferente y con un espíritu diferente" e o máis importante, sinalou, "austero, adaptado a los tiempos que corren y nada comparado con los presupuestos que se manejaban en eventos similares". Unha falta de recursos que, dixo, "se suple con esfuerzo y un gran torrente de imaginación" e que nace "con los brazos abiertos" a todos os que queiran e teñan algo que achegar.
Neste sentido, Jandro Villa, responsable do apartado de moda de PONMO, afirmou que este evento "es como un bebé", una primera edición "con visos de continuidad". Reiterou que "apostamos por la calidad como concepto del evento y por la calidad en su contenido", xa que asegurou que Pontevedra "es una abanderada de la moda" e este evento servirá, dixo, para proxectar a cidade e aos seus creadores cara o exterior.
A programación estrutúrase en tres días, entre o xoves 26 e o sábado 28 de setembro.
Desfile inaugural. Será o xoves 26 de setembro ás 21.00 horas no Liceo Casino. Estará organizado ao redor das propostas de cinco deseñadores saídos da Escola de Moda de Pontevedra. Terá un formato de desfile de salón e cada creador participará con tres estilismos. Poderán verse as creacións de Áurea Aburto, David del Río, Amai Rodríguez, Laura Otero e Yerai Suárez.
Certame Mara Martín PONMONOVO. O venres 27 chegará o momento de contemplar as 12 coleccións dos novos deseñadores seleccionados sobre un total de 76 propostas chegadas á organización no prazo establecido. A cita será no Recinto Feiral a partir das 21.30 horas. Competirán por facerse co premio á mellor microcolección e ao mellor estilismo, dotados con 900 e 200 euros respectivamente, máis un obsequio.
Os deseñadores seleccionados para o certame Mara Martín PONMONOVO son Clara Beltrán, ÿscar González, Irene Varela, Leyre Valiente, Alberto Neves, Verónica Ouro, Mónica Guillán, ÿrase que se era, Sandra Fuente, María Viqueira, Alejandra Lorenzo e Charry Lamprea. De todos eles, dez son galegos, destacou María Garrido, responsable de márketing da empresa Martín Códax, "lo que demuestra que somos una potencia en el sector textil".
Mentres o xurado delibera ofreceranse dous desfiles adicionais a cargo de dúas firmas: "Nicanora", unha marca galega que crea tiradas limitadas e continuas de pezas, rescatando teas descatalogadas e botóns antigos en mercadiños, sempre con técnicas e cortes sinxelos; e "Krack", que amosarán os últimos deseños en zapatos desenvolvidos pola marca afincada en Pontevedra en colaboración con Tania Pardo.
Showroom. Será o venres 27 e o sábado 28 no Recinto Feiral. ÿ, segundo os seus organizadores, unha oportunidade de ver, e tamén de adquirir, as pezas das distintas coleccións de diferentes marcas galegas e españolas en diferentes subsectores relacionados coa moda e, xa que logo, non limitadas ao téxtil, senón tamén da xoiería, audiovisual, complementos. Estase pechando a relación de participantes e as perspectivas de completar unha oferta de gran calidade son moi boas.
Desfile final. O broche de ouro será o sábado 28, ás 21:30 horas tamén no Recinto Feiral. Será un desfile final que estará a cargo de cinco marcas galegas recoñecidas. No seu marco celebrarase tamén unha homenaxe a Gene Cabaleiro, un dos principais deseñadores galegos, e que apadriña esta primeira edición de PONMO. Presentará algunhas das súas pezas máis coñecidas complementadas con roupa de Confecciones Story e zapatos de Krack.
As cinco marcas galegas que darán contido a este desfile final, que ten un enfoque máis comercial que o resto do certame, son Baena, Dioxide, Hipotenusa, Gonzalo Vázquez (GV) e Alalá Alta Costura.
As actividades de PONMO compleméntase co programa PONMO na rúa, que propón accións que se celebrarán en diferentes espazos públicos. Entre outras iniciativas, a marca "Krack Kids" ofrecerá a súa nova colección o próximo día 26, entre as 18 e as 19 horas nas prazas de Barcelos, Ferrería e Curros Enríquez; e tamén pechado está o desfile do deseñador pontevedrés Javier Barrio o sábado 28 ás 13:00 horas no Liceo Casino.
Relacionadas:
-
O talento de cinco ex alumnos de Esdemga deslumbra na inauguración de PONMO
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Carmen Lomana aportará o seu 'glamour' a PONMO: acudirá o desfile do sábado
Por Redacción |
-
Todo a punto para o inicio de PONMO: consulta toda a programación do evento
Por Alejandro Espiño |
-
Un apoio 'real' para PONMO: Carla Royo-Villanova, princesa de Bulgaria, participará no certame
Por Redacción |
-
PONMO mostrará a moda de deseñadores recoñecidos e incluirá un premio aos novos valores
Por Natalia Puga |
-
Nace PONMO, unha pasarela de moda que "ni pretende ser lo que había ni pretende competir con lo que hay"
Por Alejandro Espiño |
-
Desaparecida Pontus Veteris, chega a pasarela PONMO
Por Oskar Viéitez |