O conselleiro de Sanidade recoñece que existe preocupación pola incidencia do virus no Salnés
Por Anxo Lourido
A partir desta noite, Sanxenxo formará co municipio veciño do Grove un peche perimetral ante os datos que veñen rexistrando durante os últimos días. O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña confirmaba este mércores a decisión adoptada durante a tarde do martes polo comité clínico da Xunta de Galicia.
Segundo os datos ofrecidos pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, o municipio de Sanxenxo rexistrou 14 novos casos no últimos tres días e 69 nas dúas últimas semanas. Unhas cifras que foron as que finalmente levaron á Consellería a adoptar a decisión de que esta vila se incorpore aos 67 outros concellos de Galicia que se atopan pechados perimetralmente.
A partir da medianoite estableceranse as medidas restritivas con peche de hostalería, reunións só entre conviventes, capacidade dun terzo nos lugares de culto e límite de saída da área perimetral salvo en causas xustificadas.
García Comesaña manifestou a súa preocupación pola situación sanitaria no Salnés xa que se pasou dunha incidencia acumulada do 57,5 a 63,9 en 3 días, e de 131'5 a 143 nos últimos 7 días.
En canto á situación do Concello de Pontevedra, os datos que manexa a Consellería sinalan que a situación se mantén estable aínda que recoñecen un incremento na incidencia a tres días.
O conselleiro indicou que a situación en Galicia está a estabilizarse cunha tendencia ao descenso pero alertou á cidadanía de que o número de contaxios segue sendo moi elevado e realizou un chamamento á prudencia. Mostrouse satisfeito porque as medidas están a facer efecto cunha baixada no número de ingresos nos hospitais aínda que se incrementou a utilización de camas nas Unidades de Coidados Intensivos nun 9,30%, cifra que espera comece o seu descenso para partir do día 15 da adopción das medidas restritivas. Actualmente, Galicia conta con 102 pacientes covid nas áreas de UCI dos hospitais. As áreas de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo foron as que máis incremento detectaron nos últimos días neste servizo, segundo os datos da Consellería.
Aclarou que a partir do 4 de decembro, cando se cumpre o mes previsto das restricións, realizarase a desescalada de maneira progresiva e sempre tendo en cuenta os datos que se rexistren tanto en número de casos como na presión na capacidade asistencial das diferentes áreas sanitarias. En todo caso, García Comesaña insistiu en que "o Nadal deste ano non será como a do ano pasado, sen ningunha dúbida".
O máximo representante da sanidade galega explicou que zonas como a de Vigo ou Lugo tamén ofrecen datos de índice reprodutivo por encima da media e que, por tanto, segue sendo importante cumprir con todas as medidas. "Baixan os positivos, baixan os falecementos pero temos que continuar cos esforzos. Estas medidas son duras pero son necesarias", apuntou Julio García Comesaña que puxo como exemplo o descenso "espectacular" que se está rexistrando no Carballiño, municipio que está a servir de exemplo en canto ás medidas restritivas para o resto de Galicia.
Relacionadas:
-
Sanidade pecha perimetralmente Meis, Ribadumia e Meaño
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo ten a "esperanza" de poder abrir a hostalería pero advierte de que "no podemos asegurarlo en ningún caso"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo poñerá en marcha un directorio da hostalería local que ofreza servizo a domicilio
Por Redacción |
-
Todos os municipios da área sanitaria con restricións conseguen baixar os seus casos activos de covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Sesenta e sete novos contaxios na área sanitaria tras un día con case mil probas PCR
Por Alejandro Espiño |
-
Unha muller de 83 anos, nova vítima pola covid-19 no Hospital do Salnés procedente da residencia DomusVi-Ribadumia
Por Redacción |
-
Lixeiro incremento no número de casos activos nos principais municipios afectados da área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria crece ata os 1.254 casos activos tras detectar 88 contaxios nun día
Por Alejandro Espiño |
-
Ante o aumento de positivos, Sanxenxo pasa a estar pechada perimetralmente co Grove a partir do xoves 19
Por Redacción |
-
O gromo en Pneumoloxía de Montecelo mantén a tres médicos positivos e catro en corentena
Por Oskar Viéitez |