Retirados quince coches abandonados nas rúas da capital nas últimas semanas
Por Oskar Viéitez
Nas últimas semanas, o guindastre da empresa autorizada Automociones Catoira recolleu de diferentes rúas de Pontevedra en presenza da Policía Local outros quince automóbiles, para proceder posteriormente ao seu correspondente tratamento e baixa no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, asegura que antes de que se puidese proceder á súa retirada da vía pública "foi necesario seguir uns procedementos administrativos de longo percorrido".
Nun primeiro momento, houbo que localizar e remitirlles un oficio aos propietarios dos vehículos para requirirlles que, no prazo improrrogable de 15 días, procedesen a retiralo ou a entregalo nun centro de tratamento autorizado ou instalación de recepción regulado; e posteriormente, despois de que non se dese resposta a este requirimento ou se presentasen alegacións, proceder á súa declaración como residuo sólido urbano.
A empresa Automociones Catoira encargouse de retiralos, de tratalos e de emitir os correspondentes certificados de descontaminación e destrución.
En concreto, Catoira retirou un Fiat Ducato e un Opel Astra abandonados no lugar de A Meán (nas proximidades do cemiterio); un Peugeot 206 e un Citroën ZX en Padre Fernando Olmedo; un Citroën C3 na rúa do Raxado; un Opel Astra no Depósito Municipal; un Daewoo Nexia nas inmediacións dos terreos de Tafisa (avenida de Bos Aires); un Ford Escort na rúa 12 de Novembro; un Peugeot 206 en Eduardo Pondal; un Opel Vectra na rúa Amado Carballo; un Citroën Saxo na rúa Martín Códax; un Ford Fiesta na rúa Ángel Amor Ruibal; un Suzuki Grand Vitara en Juan Bautista Andrade; un Audi A4 en María Victoria Moreno e un Seat Ibiza á altura do quilómetro 85,85 da N-541.
Relacionadas:
-
Malestar pola inseguridade que provoca a acumulación de coches abandonados en Tafisa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Abertos 22 expedientes de coches abandonados en Pontevedra no que vai de ano
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
A retirada de vehículos abandonados nas rúas de Pontevedra esténdese ás bicicletas
Por Redacción |
-
O Concello retoma a súa cruzada contra os coches abandonados na vía pública
Por Redacción |
-
Cando camiñar máis alá de Pasarón mete medo
Por Anxo Lourido |
-
O Concello prepárase para retirar 37 vehículos abandonados, unha Vespino e dúas bicis
Por Redacción |
-
A retirada do coche chabola do Pavillón abre a ofensiva do Concello contra os coches abandonados
Por Redacción |
-
O Concello declara residuos sólidos urbanos unha vintena de vehículos abandonados
Por Redacción |
-
Avanza a 'cruzada' municipal contra os vehículos abandonados na rúa coa vía libre á retirada de dez
Por Redacción |