A corporación pontevedresa trata de acordar unha declaración institucional polo 25N
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Portavoces do Concello de Pontevedra abordou este mércores o contido do pleno ordinario do mes de novembro que incluirá unha declaración institucional con motivo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que está a ser consensuada por todos os grupos políticos e que lerá a xornalista Sara Vila.
Na orde do día figura a proposta dos días festivos locais para o próximo ano 2021, que serán o Mércores de Cinza e o Luns de Pascua (San Cibrán). Esta segunda data proponse ao coincidir en domingo a tradicional celebración de San Benito de Lérez.
Ademais o grupo municipal do Partido Popular presenta a súa proposta de plan integral de impulso e axuda ao emprego, unha moción para a mellora do barrio de Monte do Taco e A Pontenova, e finalmente, a mellora da accesibilidade da ponte do Burgo demandando a instalación de "referentes" que axuden a orientarse ás persoas que sofren discapacidade visual.
Pola súa banda, o concelleiro non adscrito Goyo Revenga, leva a pleno dúas mocións, nunha solicita a apertura ao tráfico rodado durante as vacacións escolares de Nadal da avenida Raíña Vitoria e na outra moción pide ao Concello que instale medidores de CO2 a todas as aulas dos colexios de ensino primario e secundario públicos de Pontevedra como medida preventiva contra a covid e tras confirmarse que os aerosois son unha das vías de contaxio.
Relacionadas:
-
O goberno municipal rexeita o plan de impulso do PP ao consideralo "desafortunado"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra reivindica que "non hai oco para os maltratadores nin para os seus cómplices" na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Instalarán unha tirolesa de 150 metros en Raíña Vitoria que só se poderá utilizar se se compra no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
Os xardíns da Ferrería e a Praza de España tamén berran contra a violencia machista
Por Redacción |
-
RADIO.- 25 N: O comercio local será a sala de exposición das fotografías de 'Namórate de tí'
Por Redacción |