Conclúe sen éxito a busca da anciá desaparecida dende o luns na Lama
Por Redacción
A primeira hora da mañá deste xoves retomarase a busca da señora de 90 anos de idade desaparecida na Lama dende o pasado luns. O dispositivo habilitado para localizar a anciá concluíu este mércores sen éxito.
Revisouse as zonas máis próximas ao seu domicilio, na parroquia de Cambeses, e tamén no zona do Pelete despois do cal un operario que traballaba na zona alertase de que a vira neste lugar.
No operativo de busca participan diversas agrupacións de Protección Civil, entre elas, as de Soutomaior ademáis de numerosos veciños da zona.
Dende a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra indicaron que se despregou axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e os Grupos de Reserva e Seguridade (G.R.S), así como a unidade canina da Comandancia de Ourense e un helicóptero do Corpo. Participan tamén dúas guías e un voluntario con tres cans do Grupo Canino de Rescate de Protección Civil da Estrada.
Leonisa González López saíu da casa na que vive coa súa filla este luns 2 de setembro pola tarde, entre as 15.00 e as 16.00 horas. Ten 90 anos, pero aparentemente está en bo estado físico e no momento de desaparecer vestía unha camisa aul con flores, unha faldra negra e unha chaqueta gris.