A Policía Autonómica identifica 277 persoas en 31 dispositivos de control das normas anti covid-19 na provincia
Por Redacción
Un total de 31 dispositivos nos municipios de Pontevedra, Vigo, Baiona, Covelo, Marín, Meis, Nigrán, Oia, Poio, Ponteareas e Vilagarcía de Arousa para vixiar o cumprimento das normas aprobadas para previr a expansión da covid-19 deixaron durante a pasada fin de semana un total de 277 persoas identificadas.
Os axentes da Policía Autonómica levaron a cabo entre o venres 13 e o domingo 15 controis para garantir que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á pandemia.
O uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, a ocupación permitida e o horario de peche dos locais foron algunhas das medidas controladas polos axentes, que tamén se centraron na prevención do botellón.
Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, os axentes realizaron actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades. Entre elas, fixeron 20 inspeccións en 11 concellos.
En toda Galicia, os axentes actuaron nun total de 24 concellos, nos que que se rexistraron 92 operativos cun total de 102 inspeccións, con máis de 585 persoas identificadas e 41 denuncias tramitadas.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Marín controla o cumprimento das restricións con axentes "de paisano"
Por Redacción |
-
Agradecemento de Luisa Piñeiro á "gran colaboración" da Policía Autonómica durante a pandemia da covid-19
Por Natalia Puga |
-
Unha decena de denuncias por incumprir as medidas anti covid-19
Por Redacción |