Pontevedra incorpora 14 novos funcionarios ao persoal municipal
Por Mónica Patxot & Redacción
O Concello de Pontevedra acaba de incorporar 14 novos traballadores ao seu cadro de persoal. Trátase de 14 funcionarios de carreira que este luns tomaron posesión e mantiveron un encontro co alcalde e a concelleira de Persoal, Miguel Anxo Fernández Lores e Carme Fouces.
Cinco traballadores corresponden á quenda libre (2 administrativos, 1 auxiliar, e 2 bombeiros) e 9 optaron á promoción interna (3 administrativos, 3 de auxiliares e 3 policías).
Coa súa incorporación, tal e como destacou a voceiro do Goberno local, Anabel Gulías, finaliza o proceso de modernización da administración local, pois para a modernización son importantes as novas tecnoloxías e tamén uns recursos humanos preparados que contribúan a dar un servizo público moderno e de calidade.
Este proceso púxose en marcha meses atrás e implica reforzar servizos que coa pandemia da covid-19 están a ter máis carga de traballo. É o caso da Policía Local e os Bombeiros.
Segundo indicou o Concello a través dun comunicado, Miguel Anxo Fernández Lores fixo referencia á responsabilidade que neste momento supón ser funcionario asegurando que "é necesario un esforzo para dar resposta ás necesidades que nos demanda a sociedade".
Este proceso de reforzo do persoal municipal vivirá unha nova fase no primeiro semestre de 2021, coa incorporación de máis persoal ata completar o cadro pendente.
Relacionadas:
-
O Concello de Pontevedra anuncia cambios internos na administración electrónica, facturación, contratación e persoal
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban o pagamento dunha produtividade aos funcionarios por exceso de traballo
Por Redacción |
-
Catro procesos selectivos reducirán a taxa de temporalidade no plantel do Concello
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello pon o "contador a cero" para tomar decisións "necesarias" en Persoal
Por Alejandro Espiño |