Nove pacientes están na UCI nunha área sanitaria que reduce a 1.233 os casos activos de covid-19
Por Alejandro Espiño
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non escapa da tendencia que a covid-19 está a ter en Galicia. Os contaxios estabilízanse e os casos activos comezaron a baixar de maneira notable, pero a presión asistencial aumenta. Sobre todo nos casos máis graves.
Ata nove pacientes atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son dous máis que onte. En total, os hospitalizados nos tres centros de referencia para a covid nesta área sanitaria son un total de 70.
A maior parte deles, un total de 43, están ingresados en planta do Hospital Montecelo. Catorce están no Hospital do Salnés e catro no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.163 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Nestas últimas 24 horas, as autoridades sanitarias detectaron 48 novos contaxios, o que sitúa os casos activos en 1.234. Son 34 menos que os que había este domingo, tras rexistrarse 82 altas de persoas que se recuperaron da infección.
Desde o inicio da pandemia 3.256 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19 e rexistráronse 43 falecementos asociados ao virus. A última, unha muller de 95 anos que, procedente da residencia de Ribadumia, morreu no Hospital do Salnés.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 78.754, 388 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 42.065 seroloxías realizadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.110, 188 menos que o día anterior. Deles 1.840 son da área da Coruña, 1.042 da de Lugo, 812 da de Ourense, 1.233 da de Pontevedra, 2.361 da área de Vigo, 1.036 da de Santiago e 786 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 110 están en UCI, 550 en unidades de hospitalización e 8.500 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 35.628 persoas curadas, rexistrándose 1.069 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 805.044 probas PCR e 411.071 probas serolóxicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 442 infectados.
Relacionadas:
-
Os casos activos por covid-19 volven a repuntar nos municipios máis afectados
Por Alejandro Espiño |
-
Sesenta e oito novos contaxios manteñen a Pontevedra só por detrás de Vigo e A Coruña en incidencia da covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Tímido descenso dos casos activos por covid-19 na práctica totalidade da área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Quinta morte por covid-19 na residencia de Ribadumia, a número 43 en toda a área sanitaria
Por Redacción |
-
Vilagarcía abandona a 'zona vermella' de covid-19 por primeira vez en catro semanas
Por Alejandro Espiño |
-
Baixan as hospitalizacións e os casos activos de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |