Quinta morte por covid-19 na residencia de Ribadumia, a número 43 en toda a área sanitaria
Por Redacción
O reconto de vítimas que a covid-19 está a deixar entre os usuarios da residencia que DomusVi ten en Ribadumia segue crecendo. Este domingo faleceu a quinta persoa que, tras contaxiarse de coronavirus no centro, acabou ingresada no Hospital do Salnés.
Trátase dunha muller de 95 anos que, segundo Sanidade, tiña outras patoloxías previas.
Con esta nova morte, son xa 43 as persoas que faleceron na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras ser diagnosticadas de covid-19 desde o inicio da pandemia.
Galicia engadiu este domingo sete persoas máis á lista de falecidos, elevando o total de vítimas ata as 1.069.
Ademais da morte rexistrada no Salnés, non lograron superar a enfermidade tres mulleres de 89, 90 e 97 anos que estaban ingresadas no hospital de Ferrol. En todos os casos eran usuarias das residencias, dúas delas en Pontedeume e a outra en Narón.
Outros dous pacientes morreron en Ourense, un home de 94 anos no seu domicilio da Rúa e unha muller de 85 no hospital da cidade. Procedía da residencia de Barbadás.
A sétima vítima mortal deste domingo é un home de 93 anos que, tras agravarse o seu estado nunha vivenda comunitaria da Fonsagrada, fora ingresado no hospital de Lugo.
Relacionadas:
-
Unha muller de 83 anos, nova vítima pola covid-19 no Hospital do Salnés procedente da residencia DomusVi-Ribadumia
Por Redacción |
-
Sesenta e oito novos contaxios manteñen a Pontevedra só por detrás de Vigo e A Coruña en incidencia da covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Tímido descenso dos casos activos por covid-19 na práctica totalidade da área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Nove pacientes están na UCI nunha área sanitaria que reduce a 1.233 os casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Vilagarcía abandona a 'zona vermella' de covid-19 por primeira vez en catro semanas
Por Alejandro Espiño |
-
Baixan as hospitalizacións e os casos activos de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A saída de Ribadumia deixa en seis os municipios da área sanitaria en máxima alerta
Por Redacción |